Formoso reclámalle á Xunta e ao goberno central que garantan apoio para Stellantis en Vigo


O responsable socialista lembrou, nunha visita á planta viguesa, que o complexo, o maior da firma en toda Europa, é “un dos tractores de Galicia, cun papel protagonista no PIB” da Comunidade Autónoma. Por iso considera “crucial” que o grupo “siga asignando plataformas de vehículos, emprego e futuro ao complexo de Vigo”, para o que demandou “tódalas medidas de apoio” dende as administracións para garantir a súa competitividade.

Formoso constatou o “avance das conversas” con Industria para garantir a asignación de novos modelos para a planta, logo de “moitos anos nos que non se ten feito nada”, dende o goberno presidido por Mariano Rajoy. Apuntou que “agardamos que en poucas semanas haxa novidades positivas” na asignación de novas plataformas e tamén para garantir o subministro eléctrico de calidade ou facilidades loxísticas.

O secretario xeral dos socialistas reclamoulle a Xunta e ao goberno central que garantan apoio financeiro, subministro enerxético e melloras loxísticas para esta planta de Stellantis en Vigo.