Formoso reclamaralle a Rueda solución ao colapso sanitario, medidas sociais e impulso a I+D+i

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, confirmou que ten recibido a invitación da xuntanza co presidente da Xunta, que se celebrará “nos próximos días” e á que acudirá con “axenda galega”. O responsable socialista sinalou que a prioridade do inminente encontro con Alfonso Rueda será “resolver o colapso sanitario”, que “ten á cidadanía moi preocupada”. Alertou da situación insostible da sanidade pública galega, con esperas de 7 ou 8 meses polas probas médicas, ou con pacientes agardando nos corredores de urxencias dos hospitais galegos.

Valentín González Formoso alertou da “imposibilidade de acceder ao que sempre foi un dereito mínimo, como é que o teu médico te atenda presencialmente en 24 horas”, cando “estamos a ver esperas de 14 ou 15 días” para unha primeira cita en Atención Primaria. Apuntou que tamén porá sobre a mesa “asuntos de país como o desenvolvemento dun modelo económico vencellado á ciencia e á investigación, así como a mellora na protección social dos nosos maiores”, concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha