Formoso reivindica ao PSdeG como “alternativa ao PP”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reivindicou ao Partido Socialista como “alternativa ao Partido Popular” en Galicia. “Non nos resignamos”, proclamou na súa intervención co Comité Nacional Galego, onde tamén aproveitou para lanzar unha clara mensaxe a todos e todas as progresistas de Galicia: “Tedes abertas as portas do PSdeG para construir un país con futuro entre todos e todas”.

“Podemos facelo, sabemos facelo e farémolo”, sinalou antes de engadir que estamos “nun momento apaixonante no que ofreceremos proximidade, credibilidade e ilusión a Galicia”. “Para iso”, animou, “precisamos o concurso de todas e todos vós”.

Así, neste “momento apaixonante” pero tamén “crítico que estamos a vivir”, Valentín González Formoso fixo un chamamento a “estar á altura das circunstancias” cun “compromiso en positivo” no que se prioricen “os intereses dos galegos e galegas”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha