Formoso reivindica unha campaña ‘limpa e construtiva’

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG presentou a candidatura de Pontedeume, encabezada por Bernardo Fernández Piñeiro, nunha comarca gobernada integramente polos socialistas, que apostan polo emprego e a industria. Valentín González Formoso, reivindicou este domingo a campaña “limpa, construtiva e positiva” que está desenvolvendo o PSdeG, fronte ao empeño do PP en “embarrar” o terreo de xogo político coa intención de recuperar o poder nas cidades, xa que non goberna en ningunha logo de que no 2019 o electorado urbano lle dera as costas aos populares. Formoso tamén se referiu a como afrontan a campaña dende o partido dos socialistas galegos, e asegurou que o están facendo “coa maior ilusión e o maior compromiso coas 313 realidades que conforman o país”.