Formoso reivindicou en Muxía a importancia da mobilización social tras o Prestige

O PSdeG estreou en Muxía o seu documental Prestige, 20 anos despois nun acto coa participación dos seus alcaldes e alcaldesas na Costa da Morte. O secretario xeral da formación, Valentín González Formoso, interviu nun acto de demostración de forza dos socialistas de cara ás eleccións municipais, onde reivindicou a mobilización social que levou aos socialistas á Xunta despois de que os gobernos autonómico e central “mentiran á poboación co descaro máis absoluto”.

Para o secretario xeral socialista o Prestige derivou nunha mobilización social que permitiu “botar ao goberno da mentira” e que Galicia e España puideran obter todos os avances sociais que viñeron da man dos socialistas, dende a lei de dependencia, a protección das vítimas de violencia de xénero ou a lei de matrimonio igualitario.

Pechou o acto reivindicando aos alcaldes e alcaldesas da comarca que asistiron, xa que eles “amosan o que significa ter un goberno socialista, próximo á xente e preocupados de protexer á xente”. Por iso, sinalou que “o PSdeG é esencial nos malos momentos, como na pandemia, porque senón estivera o partido socialista todos saberíamos o sufrimento que significaría”.

O PSdeG estreou así o seu documental sobre a catástrofe do Prestige, coa participación de voces do partido da actualidade, como o propio Formoso, así como daquel momento, como o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a ex conselleira de Pesca, Carmen Gallego, o exportavoz parlamentario Ismael Rego ou a exparlamentaria Marisol Soneira.

O alcalde anfitrión, Iago Toba, remarcou a importancia que tivo a catástrofe do Prestige para a súa xeración, que eran mozos naquel momento, sendo o seu primeiro contacto co que significaba a política e o seu poder para mellorar a sociedade, pero tamén para empeorala cando se fai unha xestión neglixente.

Sandra Ínsua, alcaldesa de Camariñas, que contou que daquela ocupaba a área de cultura e Deportes, con tan só 26 anos e ademais de botar unha man co voluntariado, foi a encargada de xestionar o legado de Man, o icónico alemán que chegou a ter un museo en Camelle.

Entre os asistentes destacan, a maiores dos xa mencionados, a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, o alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, o alcalde de Corcubión, Manuel Ínsua, así como o secretario de organización José Manuel Lage e o secretario provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha