O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, remarcou que os socialistas galegos están “cargados de ilusión” de cara ás eleccións municipais e sinala o obxectivo de gobernar á maioría da sociedade galega dende os concellos. Formoso presidiu a primeira reunión do PSdeG para elaborar a Ponencia Marco de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. O documento que se elaborará “vai a definir o esencial do que vai a ser este partido no ámbito das municipais”, asegurou o socialista. Dende o PSdeG danlle bastante relevancia a estes comicios, xa que entenden que os municipios son o núcleo esencial da política, sendo que o seu partido está especialmente ligado a eles, polo que asegurou que “os grandes avances da sociedade, se soñaron primeiro nunha casa do pobo socialista”. Resaltou que afrontan este proceso electoral “cargados de ilusión”, recalcando que “palpamos esa ilusión na rúa, nos compañeiros e compañeiras que están hoxe aquí”, en referencia aos poñentes do programa electoral que servirá de marco para as agrupacións municipais do PSdeG.
22