Formoso repetirá como candidato á alcaldía das Pontes


O líder do PSdeG Valentín González Formoso repetirá como candidato á alcaldía das Pontes nas eleccións do próximo 28 de maio. González Formoso é alcalde da localidade desde 2007, polo que esta será a quinta vez que se presente, tras un mandato no que tivo 12 de 17 concelleiros, con máis do 65 % dos votos. Tamén preside a Deputación da Coruña desde 2015, un cargo ao que poderá optar de novo por terceira vez tras concorrer ás municipais, pois se trata dun organismo de sufraxio indirecto ao que só poden acceder edís. Formoso tamén lidera o PSdeG desde outubro de 2021 tras ser responsable do PSdeG provincial desde 2018.