Formoso sinala que «Galicia non pode permitir un presidente a media xornada»

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apuntou que “Galicia ten que ser o único compromiso do presidente da Xunta, non podemos permitirnos neste país ter un presidente a tempo parcial”. Así o dixo en relación á operación iniciada por Feijóo para pasar á política nacional logo do descabezamento de Pablo Casado dentro do PP. O líder dos socialistas galegos trasladou o “respecto absoluto” polo que ten de “reflexión persoal que ten que facer o presidente da Xunta”, pero continuou “esixindo respecto por Galicia”, que “en calquera caso non pode quedar supeditada a esa decisión persoal”.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha