O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, subliñou que os socialistas galegos presentan nas eleccións municipais aos “mellores equipos de persoas vinculados ás bandeiras da protección social e o emprego de calidade”. Así o dixo na presentación de Manuel Cuíña candidato á reelección como alcalde de Silleda.
O responsable socialista salientou o esforzo dos socialistas galegos por presentar os mellores perfís á fronte das candidaturas en resposta a especial transcendencia das eleccións locais para a vida dos galegos e das galegas. Os alcaldes e alcaldesas, dixo, constitúen “a referencia política da vila”, e están encargados de atender aos veciños e veciñas “cando teñen un problema laboral, sanitario, de ocio ou cultural”.
Explicou que os e as representantes socialistas están vencellados de forma sinalada á “protección social e o emprego, que xunto coa cultura son as grandes bandeiras que o PSdeG enarbola en todas as vilas nas que ten a máxima representación municipal”. Dixo que “votar Manolo é votar por un pais de progreso e de benestar, de compromiso coas persoas”.