O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle á Xunta que “poña enriba da mesa un plan de choque” de medidas deseñadas para paliar o impacto económico da guerra de Ucraína en Galicia. Urxiu ao goberno galego a que tome medidas diante da “situación límite”, provocada pola suba dos prezos da enerxía derivados da invasión rusa a Ucraína, para sectores económicos fundamentais en Galicia como o gandeiro, pesqueiro ou do transporte. Dixo que a situación “require que o goberno central e tamén a Xunta de Galicia” tomen medidas e, en concreto no caso do goberno galego, reclamoulle “plans de apoio aos sectores económicos para reducir os custes enerxéticos e desenvolver os potenciais de Galicia”. Así o dixo logo de participar en Ferrol nos actos organizados con motivo da celebración do Día da Clase Obreira Galega.
33