Formoso urxe habilitar axudas para o combustible para o sector agroalimentario

1 minutes read

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiulle á Xunta que “sexa consciente das dificultades” do sector agrogandeiro e “habilite liñas de axuda para a compra de combustible bonificado”. Así o dixo durante unha visita á planta de Coren en Ourense. Emprazou ao executivo autonómico a seguir a liña marcada polo Estado, que “está adoptando medidas de financiamento” para as granxas e financiando o combustible e concedendo axudas por animal para garantir a súa sostibilidade. Dixo que as empresas, como o caso de Coren, “ante a falla de apoio, están intentando pola súa banda solventar o problema dos custes enerxéticos”. O líder dos socialistas galegos sinalou que estas empresas están a promover o uso das enerxías renovables, sinaladamente o biogás “como están fomentando a UE e o goberno de España, implementando as enerxías renovables en convivencia co sector agroalimentario galego”.