O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse no Parador de Ferrol co novo presidente de SEPES (Entidade Pública Empresarial del Suelo), Fidel Vázquez. Un encontro no que valorou que, «ante a desaparición da Xunta de Galicia en promoción de chan industrial o Estado tome as rendas e intensifique a súa presenza no país».
Nesta reunión tamén estiveron presentes a xerente de SEA, Suelo Empresarial del Atlántico, Beatriz Sestayo; e os alcaldes, alcaldesa, concelleiros e concelleiras de Ferrol, Narón, Fene, Valdoviño e Cabanas.
Formoso tamén alertou de que «nun momento onde Galicia, e esta comarca, necesita de apoio público contundente en canto a creación de infraestruturas dado que cada vez caemos máis en produción industrial, cada vez languidecen máis os grandes proxectos tractores clásicos en Galicia».
«Necesitamos que o Estado lle dea cobertura a aquelas poboacións que teñen aspiracións de mellorar, de reter o talento, porque non nos conformamos con ver como cada día ducias de rapaces e rapazas, que se formaron na educación pública galega, teñen que emigrar para iniciar o seu proxecto vital», afirmou.
Na súa primeira visita á comarca de Ferrol como presidente de SEPES, Fidel Vázquez aproveitou para revisar a situación específica do solo industrial en cada municipio e abordou as posibles accións a acometer a futuro. «Esta es una oportunidad de poder conocerles, hacer el primer contacto, identificar las oportunidades y programar otras visitas», explicou Vázquez, que tamén quere «demostrar que SEPES tiene como función social fundamental conseguir lugares de empleo concretos, no tan solo urbanizar suelo y venderlo».
O obxectivo deste encontro foi «revisar en cada municipio cuáles son los riesgos, eses casos en los que ahora se está valorando su estudio de viabilidad para que no marchen, para poder atraerlos» e adiantou que «estamos valorando sectores donde hay alguna posibilidad de revisar las condiciones de comercialización para que las parcelas que están en venta puedan tener mayor flexibilidad al plantear soluciones de alquiler con opción a compra y así hacer más accesible la incorporación de nuevas actividades».