Foro urbano no marco do proxecto A Coruña 2030


O Concello da Coruña avanza no deseño do Plan para a Axenda Urbana “A Coruña 2030” coa convocatoria do foro urbano, un evento participativo que contará no programa con diversos obradoiros e mesas temáticas onde se levarán a cabo dinámicas que promovan o debate e a reflexión ao redor da cidade do futuro.

No marco do proxecto A Coruña 2030, o Concello da Coruña levou a cabo un total de 11 encontros participativos nos distintos barrios da cidade. Ademais, establecéronse tamén dous espazos divulgativos no mercado da praza de Lugo e na Coiraza do Orzán, onde a cidadanía se achegou para coñecer o proxecto A Coruña 2030 e debater e realizar as súas propostas de cara o futuro da cidade.

Este proceso colectivo ten como obxectivo avanzar na construción dunha Coruña máis aberta e colectiva, promovendo a participación cidadá na definición das liñas de actuación e os proxectos prioritarios, atendendo aos ODS establecidos por Nacións Unidas e os Obxetivos Estratéxicos da Axenda Urbana Española. Este foro urbano está convocado no centro sociocultural Ágora á última hora deste mércores.