Fracasa e cae o Goberno de coalición de Países Baixos

A coalición de centrodereita que gobernou Países Baixos caeu este venres por diferenzas sobre a reforma do sistema do asilo, despois de que o primeiro ministro, Mark Rutte, esixise aos seus socios a restrición do reagrupamento dos familiares directos dos refuxiados de guerra, asegura a prensa local. Os catro partidos que conforman o Goberno estiveron en desacordo durante meses sobre como xestionar a afluencia de refuxiados, pero a situación tensouse o mércores, cando Rutte puxo sobre a mesa limitar a 200 os familiares de refuxiados reagrupados ao mes e un período de espera de dous anos antes de que poidan viaxar a Países Baixos. Esa proposta foi considerada inviable polos progresistas D66, pero sobre todo por Unión Cristiá (CU), un socio para o que o respecto á familia é unha liña vermella.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha