Frades acolle esta fin de semana a II Festa Rural

2 minutes read

A praza de Ponte Carreira acollerá do 15 ao 17 de setembro a segunda edición da Festa Rural de Frades, organizada polo Concello de Frades en colaboración coa asociación de veciños Rexente, a asociación da terceira idade de Frades, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña. “Desde o Concello de Frades queremos convidar a todo o mundo a esta festa para repetir o éxito obtido o ano pasado”, apunta o alcalde, Roberto Rey Martínez.

A II Festa do Rural de Frades abrirá as súas portas este venres 15 de setembro co programa “Interritmos. Sons do rural: xunco, vimbio e palla”,o longo do venres contarase con actividades como a actuación musical de Leni Pérez e Roberto Comesaña, dous obradoiros de cestaría; actuación musical da man do grupo As lembranzas. A xornada rematará cunha degustación de produtos locais.

O sábado 16 de setembro terá lugar a apertura do mercado de artesanía e da exposición etnográfica. Algúns dos artesáns farán demostracións da súa arte en directo e outros mesmo unha degustación dos seus produtos, como a Casa Grande de Xanceda. A partir das 20:00 horas, concerto infantil da man de Pakolas, co seu espectáculo “Rockeando con Ramona pequena”. Ao rematar, a iso das 22:00 horas, terá lugar unha verbena popular co Dúo Arcángel.

  • Xantar popular

O domingo 17 de setembro, a II Festa do Rural abrirá as súas portas pola mañá coa apertura do mercado de artesanía e un pasacalles da man do grupo ordense Embruxo Gaiteiros. A partir do mediodía haberá unha exposición de motos antigas e unha degustación de callos. A sesión vermú correrá a cargo do grupo “Ailá”, que dará paso a un xantar popular composto por uns entrantes de empanada e xamón, seguido por callos e xarrete con verduras. De sobremesa haberá larpeira e xeado. O prezo do menú e de 28 euros persoas adultas, 18 euros menores de 12 anos e de balde para menores de 5 anos. Os tickets están á venda ata o 15 de setembro no Concello de Frades, na asociación de veciños Rexente, na asociación da terceira idade de Frades e nos bares de Ponte Carreira. Pola tarde, de 17:00 a 19:30 horas, terá lugar unha nova edición do Festival Folclórico.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?