Frades crea un servizo gratuíto de estimulación cognitiva a domicilio

1 minutes read

A iniciativa únese ás creadas en 2022 de préstamo de axudas técnicas para a mobilidade e bono-taxi para desprazamentos médicos, así como as tradicionais de podoloxía, fisioterapia ou perruquería a domicilio. Está dirixido a persoas con demencia ou enfermidades neurodexenerativas.

O Concello de Frades vén de poñer en marcha un servizo gratuíto de estimulación cognitiva a domicilio dirixido a persoas con diagnóstico de demencia ou enfermidade neurodexenerativa en grao leve ou moderado. “Este servizo nace coa finalidade de manter e mellorar o nivel de autonomía persoal dos beneficiarios e para apoiar ás familias coidadoras”, explica o concelleiro de Sanidade, Manuel Ferreiro, quen indica que “con este servizo o Concello de Frades continúa apoiando ás familias e ás persoas que desexen permanecer no seu entorno habitual”.

Grazas a este servizo de Estimulación cognitiva no fogar, un profesional especializado realizará no domicilio da persoa beneficiaria unha terapia individualizada e adaptada á situación persoal de cada beneficiario para estimular diferentes capacidades cognitivas: memoria, atención, linguaxe, concentración, cálculo… “O obxectivo é que grazas a este servizo consigamos mellorar a calidade de vida do usuario e dos seus coidadores e aumentar a autonomía persoal e a autoestima do usuario, ralentizando o proceso de deterioro e creando un ambiente rico en estímulos para persoas que non poden ou non queiran asistir a grupos presenciais de forma habitual”, apunta Ferreiro Marzoa.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?