Frades e Ordes adquiren unha rozadoira para tarefas ambientais

1 minutes read

Frades e Ordes recibiron unha axuda de 35.700 euros da Xunta de Galicia para o servizo de protección do medio ambiente e do espazo natural que comparten ambos os dous municipios. Unha achega que permitirá cofinanciar os gastos de funcionamento anuais deste servizo e á adquisición dunha rozadoira lateral. Non é a primeira achega que recibe este servizo posto en marcha por ambos os dous municipios, xa que o ano pasado a Xunta reforzara o seu equipamento cun vehículo todoterreo híbrido con distintivo ECO.

A nova rozadoira lateral, subministrada por Fariña Maquinaria SL, ten sesenta cabalos de potencia e conta cunha transmisión indirecta para que sexa máis segura á hora de traballar. Conta cunha garantía de 4 anos e para maior comodidade e seguridade do condutor á hora de rozar, leva o brazo adiantado uns centímetros para ter mellor visibilidade.

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e a directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitaron Frades para coñeceren a nova maquinaria adquirida conxuntamente polos dous Concellos.