Frades Ordes e Mesía acordan solicitar un obradoiro de emprego

Cedida.

O Concello de Frades aprobou por unanimidade en Pleno solicitarlle á Consellería de Economía, Emprego e Industria unha subvención de 503.000 euros para desenvolver o obradoiro de emprego “Brañas do Illó-Río Samo V”, promovido polos concellos de Frades, Mesía e Ordes. Un obradoiro dual que formará a 20 persoas desempregadas, durante 9 meses e outras 3 de prácticas en empresas, nas modalidades de repoboacións forestais, tratamentos silvícolas e actividades auxiliares de conservación e mellora do monte.

O proxecto conta cun orzamento inicial de 570.000 euros, dos que algo máis de 66.000 euros serán achegados polos tres concellos participantes. Unha vez máis, o Concello de Ordes será a entidade encargada da xestión do proxecto, que formará a un total de 20 persoas desempregadas (10 de Ordes, 5 de Frades e outras 5 de Mesía) durante un período de 12 meses, 3 dos cales serán facendo prácticas nas empresas que colaboren co obradoiro e ás que a Xunta de Galicia subvencionará 500 euros por cada alumno/a durante 3 meses.