France Telecom (actual Orange) e outros seis membros da súa antiga cúpula directiva, incluído o ex conselleiro delegado Didier Lombard, foron condenados por acoso moral de empregados.
Detrás desta sentenza, que dita penas e multas irrisorias, está o plan de axuste que a empresa aplicou hai unha década e que derivou en 19 suicidios, 12 intentos e 8 casos de depresión.
Tras un xuízo, máis longo do habitual, os xuíces recoñeceron que houbo acoso por parte da empresa “Isto responde a unha pregunta que foi crucial neste xuízo. Podemos permitirnos facer este tipo de cousas? Podemos permitirnos, co fin de facer diñeiro levar á xente ao suicidio ou á depresión.
Polo menos temos unha primeira resposta do sistema de xustiza, que é: “Non, non podemos, e se o fas, serás condenado”, manifestou Raphaël Louvradoux, empregado de France Telecom e monitor dun traballador que se suicidou.