Francia acusa a Rusia de orquestrar unha montaxe na súa contra en Mali


Francia denuncia que Rusia busca orquestrar unha campaña de desprestixio na súa contra en Mali. O Exército francés publicou unhas imaxes capturadas por un dron, nas que parecen mostrar un grupo de homes enterrando cadáveres preto dunha base militar en Gossi, ao norte de Mali. París asegura de que se trata de mercenarios rusos cubrindo con area a unha ducia de corpos, co obxectivo de acusar falsamente ás tropas francesas de asasinar e crear fosas comúns antes do seu repregamento. Detalla que os mercenarios son integrantes do grupo Wagner, o brutal exército secreto de Rusia. O portavoz do exército de Malí dixo que se enviou un equipo á localidade de Gossi para abrir unha investigación e engadiu que «aínda é pronto para que reaccionar».