Francia aposta por unha Europa máis forte e soberana

«Se tivésemos que resumir nunha frase o obxectivo desta presidencia que se estenderá do 1 de xaneiro ao 30 de xuño, diría que debemos pasar dunha Europa da cooperación dentro das nosas fronteiras, a unha Europa poderosa no mundo, plenamente soberana, libre nas súas eleccións e dona do seu destino».

Con esta declaración, Emmanuel Macron marcou o ton da presidencia francesa da Unión Europea. E na súa opinión, para reforzar a soberanía, é necesario reformar o espazo Schengen que garante a libre circulación de persoas. «En primeiro lugar débese establecer un sistema de dirección política para Schengen. En segundo, hai que apoiar a creación dun mecanismo para responder ás emerxencia nas fronteiras en caso de crise», engadiu Macron.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha