Francia blinda o dereito ao aborto na Constitución

Nunha reunión conxunta de Asemblea e Senado o parlamento francés aprobou a modificación constitucional este luns. A votación celebrouse no hemiciclo de Versalles, onde se aprobaron todas as modificacións constitucionais da historia de Francia. A inclusión do aborto na Lei fundamental, aprobouse por amplísima maioría con 780 votos a favor e 72 en contra da liberdade de interromper voluntariamente o embarazo.

O primeiro ministro de Francia, Gabriel Attal, asegurou: «Aínda estamos lonxe de chegar ao final do camiño. Pero paso a paso, a igualdade vaise achegando. Ao garantir na nosa Constitución a liberdade de recorrer á interrupción voluntaria do embarazo, concedemos unha segunda vitoria a Simone Weil, e a todas as que abriron o camiño. Sobre todo, mandamos unha mensaxe a todas as mulleres, o voso corpo perténcevos e ninguén ten dereito a dispoñer del no voso lugar.»

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha