Francia condena a Servier polo medicamento que matou a máis de 500 persoas

1 minutes read

Francia condena á farmacéutica Servier por un medicamento para a diabetes que provocou máis de 500 mortos. O Mediator, inicialmente concibido para tratar a diabetes era receitado a miúdo como adelgazante e tamén se comercializou en Italia e España. O Tribunal Correccional de París condenou a Servier polos delitos de «homicidio involuntario» e «engano agravado» cunha multa de 2,7 millóns de euros. Ademais da multa penal, o laboratorio terá que pagar máis de 160 millóns de euros para indemnizar ás vítimas. Mediator comercializouse en Francia desde 1976 e durante máis de 3 décadas, un período durante o cal o tomaron uns cinco millóns de persoas. A Axencia de Seguridade do Medicamento de Francia tamén foi condenada por tardar en prohibir o medicamiento que provocou casos de valvulopatías, hipertensión arterial pulmonar e outros efectos secundarios nalgúns pacientes.