Francia declara culpables a todos os acusados polo atentado do 13N


Un tribunal de París condenou a cadea perpetua sen posibilidade de reducir a pena a Salah Abdeslam, o único sobrevivente do comando islamita que perpetrou os atentados de París o 13 de novembro de 2015, pola súa participación nos atentados terroristas yihadistas que deixaron 130 mortos e máis de 400 feridos. A xustiza francesa tamén impuxo penas que van desde os 6 anos ata a cadea perpetua aos outros 19 acusados de colaborar dunha ou outra forma nos atentados. Os atentados do 13 de novembro de 2015 provocaron que ese día fose o máis mortífero en Francia desde que acabou a Segunda Guerra Mundial.