Francia descarta tomar a iniciativa contra Rusia

Emmanuel Macron, presidente de Francia, subliñou que o seu País «nunca» tomará a iniciativa contra Rusia aínda que insistiu na importancia de estar preparados por se a situación en Ucraína «chega a empeorar» nunha entrevista no canle de televisión francés TF1 este xoves pola noite. A finais de febreiro, nun cume internacional sobre Ucraína celebrado en París, non descartou o envío de tropas a Kiev e advertiu aos seus socios occidentais da posible expansión dos ataques de Rusia nos próximos anos.

«Francia nunca levará a iniciativa porque somos unha forza de paz, pero non hai que ser débiles, hai que mirar a situación con determinación, vontade e valor», afirmou o mandatario, que repetiu en máis dunha ocasión que o único responsable é e será «o Kremlin».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha