Francia e Ucraína selan un acordo bilateral en materia de seguridade

1 minutes read

O presidente ucraíno, Volodímir Zelenski, e o seu homólogo francés, Emmanuel Macron, asinan un acordo bilateral sobre cooperación en materia de seguridade. Así, o Goberno de Francia comprométese a achegar 3.000 millóns de euros adicionais, de axuda militar a Ucraína, este ano. En 2023 a axuda foi de 2.100 millóns de euros, e en 2022 ascendeu a 1.700 millóns de euros.

«Diante túa, Volodímir, gustaríame reiterar que Francia seguirá apoiando a Ucraína a longo prazo. Este é o obxectivo do acordo decenal que asinamos, que seguirá sendo válido ata que Ucraína ingrese na OTAN», declaraba o presidente francés,Emmanuel Macron.

Volodímir Zelenski agradece a Francia o seu apoio, e subliña que este respaldo supón «unha resposta á presión que Putin está a exercer» sobre as forzas ucraínas.

O obxectivo é seguir proporcionando aos ucraínos os medios necesarios para que continúen coa defensa da súa «soberanía e integridade territorial», sinala Macron. Horas antes de subscribir o pacto con Macron, Zelenski asinara un acordo de seguridade bilateral con Alemaña.