Francia enviará forzas especiais da policía a Guadalupe


A pesar do recentemente decretado toque de queda, os disturbios e saqueos continúan en Guadalupe en protesta contra os novos protocolos que obrigan a vacinarse aos traballadores sanitarios e a ter un certificado COVID. Tras unha reunión de urxencia, o Goberno francés decidía enviar máis axentes ao seu territorio de ultramar para tratar de manter o control. Este venres, tras cinco días de violentas protestas e con bombeiros e médicos en folga, o prefecto de Guadalupe impoñía un toque de queda desde as 18.00 ás 5.00 horas para tratar de frear a deriva de disturbios e saqueos en varios puntos do territorio. En polo menos catro puntos das dúas illas principais tiveron lugar ataques con armas de fogo ás forzas policiais. Na cidade de Saint- Francois, ao leste, “os xendarmes que saían da comisaría foron ameazados por proxectís incendiarios”. Unha fonte da xendarmería afirmou que unha armería fora saqueada.