Francia estuda inocular a terceira dose a partir dos 50 anos

1 minutes read

Francia está a repensar unha terceira dose de vacina para todos os franceses de entre os 50 e 64 anos e a esixencia de tela para todos os maiores de 65 para renovar o pase sanitario. Estes foron os principais anuncios formulados este martes polo presidente de Francia, Emmanuel Macron. Ademáis alertou que Europa xa se enfronta a «unha quinta onda» de covid, que empezou a golpear forte a países como Alemaña e o Reino Unido, e mostrou a súa inquietude porque a incidencia semanal do virus en Francia aumentase un 40 %. Macron acolleu tamén con preocupación «a relaxación» dos cidadáns na loita contra a pandemia.