40
Pendentes dos rebrotes que se rexistran en Cataluña. A situación preocupa tamén en Francia, onde ademais, desde o vindeiro luns, vai ser obrigatorio o uso de máscaras. O goberno galo asegura que segue moi de preto a evolución da pandemia en España. A preguntas dos xornalistas sobre un posible novo peche de fronteiras con España, o primeiro ministro, Jean Castex, dixo que se trata dun asunto que deberán abordar coas autoridades españolas. Os pasos entre ámbolos dous países están reabertos desde o pasado 21 de xuño.