A Mariña francesa desviou un buque que transportaba vehículos en augas da Canle da Mancha en aplicación das sancións económicas da Unión Europea a Rusia. Dirixíase á cidade rusa de San Petersburgo e foi desviado ao porto de Boulogne-sur-Mer. O Baltic Leader, cunha vintena de tripulantes e 127 metros de eslora, partira do porto fluvial de Ruán e pertence á empresa PSB Lizing, que está entre as afectadas polas sancións da UE. Mentres o goberno alemán dubida en apoiar a eliminación de Rusia do sistema internacional financiero Swift autorizou a Países Baixos a entregar a Ucraína 400 vehículos antitanque de fabricación alemá para combater contra o exército ruso. O Goberno Federal tamén autorizou a Estonia a entregar a Ucraína varias pezas de artillería procedentes de antigas reservas da República Democrática Alemá.
44