Francia | Macron pide unha ‘mobilización xeral’ para aforrar un 10% o consumo de enerxía

O obxectivo é reducir o consumo un 10% nos próximos dous anos para reducir a dependencia do exterior e evitar os cortes de subministración. A ministra francesa de Transición Enerxética, Agnès Pannier-Runacher, pediu un «cambio de comportamento» : «Este é un traballo para o próximos trinta anos. O lema é claro: mobilización xeral, todo o mundo debe comprometerse, todo o mundo, porque hoxe estamos nunha situación de urxencia», matizou. Pola súa banda o presidente francés Emmanuel Macron pediu aos empresarios reunidos no foro anual Bpifrance Inno Génération que apliquen sen demora medidas de aforro enerxético para pasar o inverno «aínda que sexa duro». Macron prometeu «convencer» aos socios europeos sobre a limitación do prezo do gas e a necesidade de «acelerar» a descarbonización dos centros industriais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha