Francia paralízase pola folga contra a reforma das pensións


Todos os transportes víronse afectados e os sindicatos xa prometeran paralizar o país. Moitos traballadores quedáronse na casa, outros seguiron loitando. Os organizadores aseguran que se mobilizaron máis sectores que en anteriores xornadas de folga, mentres a oposición afirma que o movemento está a entrar nunha fase crítica. Entre o 20 e o 30 por cento dos voos nos dous principais aeroportos de París foron cancelados, mentres que os viaxeiros nacionais e internacionais tamén se viron afectados por unha redución de trens de alta velocidade. A rede de estradas do país non deu tregua, con bloqueos nos principais centros loxísticos. As enquisas mostran que os cidadáns están en contra dos plans do Gobierno de aumentar a idade de xubilación de 62 a 64 anos, e seguen apoiando as folgas.