42
A medida entra en vigor este venres e só para os vacinados contra a Covid-19. Ademais, séguese requirindo un test negativo realizado nas anteriores 24 horas. Para os británicos non vacinados, seguirase esixindo unha razón de peso para viaxar, unha proba negativa e un período de illamento de 10 días tras a entrada en Francia. Alén da Canle da Mancha, mentres tanto, o Goberno decidiu reducir o período de illamento dos pacientes con coronavirus de sete a cinco días tras dar positivo. A liberdade pasa a depender de dúas probas negativas e o Goberno británico espera que isto axude á economía.