Francia saca vehículos blindados para facer fronte aos disturbios

1 minutes read

Francia desprega vehículos blindados nas rúas para facer fronte aos disturbios nocturnos en moitas cidades do país. Estes deixaron unhas 900 detencións e 2000 vehículos queimados. Unha onda de violencia que comezou despois de quer un policía disparase mortalmente a un adolescente de Nanterre, nos arredores de París. O presidente do país, Emmanuel Macron, abandonou antes de tempo o cume europeo para tratar esta crise.

Emmanuel Macron, presidente de Francia, dixo: «Un terzo dos arrestados onte á noite eran novos, ás veces moi novos, e é responsabilidade dos pais mantelos en casa. Por eso, é importante para a tranquilidade de todos que a responsabilidade parental poida ser exercido plenamente, e apelo ao sentido da responsabilidade das nais e os pais. Non é función da República ocupar o seu lugar”.

Macron arremeteu contra os chamamentos á violencia realizados por algúns mozos nas redes sociais. E é que os actos dos menores poderían carrexar multas de ata 30 000 euros e penas de ata 2 anos carcel aos pais.