O Goberno francés suspende os voos con Brasil seguindo a senda de Portugal, que xa detivo as conexións aéreas co país latinoamericano. España ou Reino Unido xa impoñen unha corentena de dez días aos que chegan de alí. O Executivo actúa presionado pola oposición aínda que, sobre todo, polos datos de mortalidade e transmisión da variante brasileira do coronavirus. «Hai razóns para estar preocupados se chega e se estende por Europa, podería causar unha cuarta onda que sería moi mortal. O risco xustifica tomar medidas adicionais», Rémi Salomon, comité médico dos hospitais de París (AP- HP). A variante bautizada como P1 está a causar aínda máis estragos en Brasil, axudada pola desidia do Goberno de Jair Bolsonaro. Máis de 3.000 mortos e 70.000 infectados de media diaria no últimos sete días. Os hospitais están saturados, e tamén as pompas fúnebres. Nos cemiterios o persoal ten que traballar sen descanso para inhumar aos falecidos.
37