O récord que está a bater a calor este ano en Francia non é, nin moito menos, algo que celebrar. Por mor das altas temperaturas, o país está sumido nunha seca que se teme sexa nefasta para os sectores agrícola e gandeiro.
Aproxímase a segunda onda de calor en menos dun mes e espéranse temperaturas máximas de ata 45 ou 46 graos. De feito, en París, a mediados de semana, poderíanse superar os 40.
Nun principio puxéronse unha vintena de departamentos do centro e sueste en alerta laranxa. Unhas horas máis tarde xa eran 59.
A culpable, unha masa de aire cálido que se irá estendendo cara ao norte e o oeste, ata sufocar a maior parte do país, con Bretaña como unha única excepción. Unha calor que xa se sentiu en numerosas rexións españolas durante a fin de semana e que seguirá nos próximos días.