Francisco Fernández del Riego será o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2023

1 minutes read

A Real Academia Galega elixiu o autor ao que estará dedicado o Día das Letras Galegas no ano 2023: Francisco Fernández del Riego (Vilanova de Lourenzá, 1913) será o protagonista dos actos e actividades conmemorativas no marco do día grande da lingua e a literatura galega. Fernández del Riego, galeguista comprometido e destacado da resistencia no exilio, foi parte activa de iniciativas determinantes para Galicia e o galego. Entre elas, colaborou na creación da Editorial Galaxia, a creación da Biblioteca da Fundación Penzol, a fundación da revista Grial ou a instauración do Día das Letras Galegas no 1963, xunto a Xesús Ferro Couselo e Manuel Gómez Román. Ademais, escribiu notables ensaios sobre a cultura e a literatura galega, ó tempo que publicaba narrativa, libros de viaxes, de memorias ou correspondencia con escritores coma Álvaro Cunqueiro.