Francisco Javier Lema mostra un vídeo-documental sobre a primavera e o lobo na Costa da Morte


*Lanzado na sua canle de Youtube “De Re Naturae”

A primavera é a época do ano de maior esplendor na natureza. O aumento das horas de luz provoca un fotoperiodo positivo e os seres vivos actívanse. A flora caducifolia esperta do descanso invernal. A fauna tolea e inician a época de reprodución. No caso do lobo, a primavera é a época da xestación e a parideira, mesmo do apareamento, pero tamén o final do adestramento dos lobatos nacidos o ano anterior. Gocemos da natureza na Costa da Morte.