A data elixida polo Goberno de Pedro Sánchez, o 10 de xuño, sitúa a exhumación do ditador un mes e medio despois da celebración das eleccións xerais do 28 de abril, polo que, para entón, o Goberno podería ter unha cor política diferente ao actual. A vicepresidenta do Goberno, con todo, sinalou que nese caso a decisión terá que ser respectada polo novo presidente do Goberno, aínda que tamén é posible que Sánchez continúe como xefe do Executivo en funcións. “Esta decisión mentres sexa legal tena que cumprir calquera Goberno”, asegurou Calvo.
O Executivo tamén anunciou que a exhumación do ditador do Val dos Caídos e a sua posterior reinhumación no cemiterio de Mingorrubio realizarase con “unha íntima cerimonia”. “Non haberá nin imaxes, nin convocatoria pública”, sinalou a vicepresidenta do Goberno.