Fransy González e Davide Salvado, este venres en Caión

Fransy González y Davide Salvado_Youtube Cibrán Seixo Pazos

  • O espectáculo céntrase na recuperación e posta en valor do patrimonio musical galego

O centro comunitario de Caión acollerá este venres, ás 18:00 horas, un concerto didáctico a cargo dos músicos Fransy González e Davide Salvado. Este dúo centra a súa obra na recuperación e posta en valor da riqueza do patrimonio musical galego e en difundir os procesos creativos e de investigación que se desenvolven a través del.

Este evento, organizado polo Concello da Laracha en colaboración coa Deputación da Coruña, está destinado a todos os públicos. A entrada será gratuíta ata completar o aforo máximo.