FRIK&PALDIS: Os Piñeiros | Chegan esta tarde ao agosto cultural de Cee

A cita será na Praza Otero Lastres ás 21.00 horas. Os Piñeiros é o nome artístico dos xemelgos Iván e Diego,que desde nenos xogaban á música xuntos. Salientar que Diego gañou o concurso Rock in Cambre nos anos 2015 e 2016 e que entre as influencias musicais que seguen están as de artistas consagrados como Rem, Europe, Bob Dylan, Creedence, Michael Jackson, Lennon, Bob Marley, Fito, etc…