Frinsa limita a orixe do brote de botulismo a unha soa lata de atún


A empresa provedora do atún de Día infectado con toxina botulínica asegura que só hai “unha lata afectada” que, di, “previamente á súa analise abriuse e manipulouse”. A conserveira galega Frinsa do Noroeste explica nun comunicado “que as análises dos resto do lote foron satisfactorias e que así o acreditou a Xunta de Galicia”.

A Axencia de Seguridade Alimentaria e Nutrición alertou dun brote de botulismo con catro persoas intoxicadas da mesma familia en Castela e León. As catro comeran unha ensalada caseira elaborada co mesmo atún.

Pouco despois a empresa Día aseguraba que, de xeito prevetivo xa retirara do mercado o lote do produto no que se atopou a toxina e que todo estaba en bo estado. María López Montenegro, Directora de Calidade do Grupo Día afirma .”Ata a data só hai unha lata con positivo do lote producido por Frinsa”. “Realizamos análises noutras latas do mesmo lote nun laboratorio externo e todas deron negativo”.

O botulismo é unha enfermidade grave provocada polas toxinas que xera a bacteria .Afecta ao sistema nervioso e os seus síntomas son fatiga, debilidade e vertixe seguidas por visión borrosoa sequidade na boca e dificultade para tragar e falar.