Frisco Taibo | A voz da radiofórmula musical na Coruña

Dj Frisco.

Frisco Taibo segue sendo co paso dos anos a voz da radiofórmula musical na Coruña e a súa área de influencia. Achegándose ás tres décadas de traxectoria profesional é unha das voces inconfundibles da radio. Atrás quedan aqueles tempos nos que a radio musical tenía un éxito incrible e que o viviu coa súa extensa etapa sendo un dos radio djs dos 40 Principais e de M80 radio durante mais de dez anos, época na que os EGM marcaban uns datos de audiencia estratosféricos. E a pesar de que se publicou en innumerables ocasións sobre a crise da radiofórmula, a emisora Nova Hit segue apostando por “As Mañás de Frisco” desde hai 15 anos sendo líder nas mañás dentro do formato de radios musicais, demostrando que “a radiofórmula” segue viva, e ademais sendo a única emisora que aposta polo formato radio musical local en rigoroso directo. De luns a venres de 10.00 h a 14.00 horas a través da FM e a través de https://novahit.net/ en “as mañás de Frisco” dáse un repaso aos éxitos musicais do momento salpicado con clásicos, mensaxes dos oíntes, noticias musicais,… 4 horas dun dinámico e fresco programa de radio que engancha a unha audiencia moi fiel e de diferentes idades.