Entre as inscricións recibidas para esta 69 edición dos Ondas desde 15 paises, están aceptadas as tres de Frisco Taibo, o coñecido radio Dj coruñés opta ao ondas na categoría Nacional de Radio como mellor programa de radio de proximidade, polo seu radio show internacional Hit Clubbin’ e polo seu programa matinal de 4 horas “As Mañás de Frisco” de Nova Hit.
Ademais opta ao premio Ondas tamén pola súa traxectoria ou mellor labor profesional.
A comunicación do fallo do xurado sera o día 26 de outubro ás 17:00h a través da radio no programa La Ventana da Cadena SER.
O xurado estará composto de 25 membros repartidos en 5 partes que valorarán as candidaturas presentadas en cada categoría: Nacional de Radio, Nacional de Publicidade en Radio, Nacional de Televisión, Nacional de Música, Internacional de Radio e Internacional de Televisión. Cada xurado elixirá a un presidente co fin de garantir a aplicación das normas do regulamento interno aprobado polo secretario xeral dos Premios Ondas.
+info en http://www.premiosondas.com