É un histórico narco andaluz que mercaba a droga en Marrocos para distribuíla despois por España, Francia, o Reino Unido e Holanda.. Amasou unha gran fortuna ata a súa detención en 2011 nunha vivenda de luxo de Estepona, en Málaga. A xustiza impúxolle entonces 14 anos de prisión, aos que sumou outras condenas, que tería que cumprir ata o 2029.
Permanecía recluído no Centro de Inserción Social da Coruña desde o pasado 2 de febreiro, pero agora aproveitou o terceiro grao do que gozaba para non regresar a durmir.
As forzas e corpos de seguridade do Estado activaron as alertas e están na súa busca. Anselmo López pasou por varios cárceres españois ata acabar no centro de inserción da Coruña. Contratou un avogado da cidade que lle logrou un traballo como chofer e asi logrou a concesión do terceiro grao. Durmía nas dependencias penitenciarias e tiña o día libre no exterior.
Cumpriu ata que deixou de facelo o pasado día 20.