Função Públika pechou o pase das grandes orquestras polo San Xoán carballés

1 minutes read

A orquestra portuguesa de Chaves, Função Públika, presentou este luns en Carballo a súa nova xira 2023 denominada ‘Viva la Vida’ con moitas novidades no seu espectáculo e que non deixou a ninguén indiferente. A formación leva máis de 20 anos actuando por todo o territorio español, sendo Galicia a súa comunidade autónoma máis percorrida. Função Públika ten nas súas filas aos mellores músicos e artistas para facer dos seus espectáculos algo único, con máis de 20 profesionais distribuídos nas distintas áreas do mesmo.

Na última verbena do San Xoán 2023 dérono todo, cun público moi entregado, para ser luns, e que aguantou máis de catro horas de espectáculo ininterrompido. Nada que dicir da posta en escena, a formación portuguesa dispón das últimas tecnoloxías do mercado en son, iluminación e vídeo proxección. Tamén hai que apuntar que a praza do Concello de Carballo xa non se adapta a este tipo de espectáculos que manexan sofisticados sistemas audiovisuais, debido no seu maior parte ao estorbo que xeran as propias árbores da praza e ao aforo limitado da mesma en varias frontes.

Ademais, este luns tamén houbo misa en honra á Virxe do Carmen, cantada pola coral de Bergantiños e procesión coa Banda Municipal de Gaitas. Xa pola tarde, houbo moita festa co obradoiro Xogos do mundo, de Vos Biosbardos, e a última hora, o concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona, que fixeron as delicias dos máis pequenos.