Fundación la Caixa colabora un ano máis con Afaber

A entidade financeira Caixabank, a través do seu director en Carballo, Ángel Santos Calvo, entregou á Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer da Comarca de Bergantiños (AFABER) 5.000 euros. Á sinatura de doazón asistiron representantes da entidade: o presidente, Jesús Villar e a tesourera María Vilariño.
Desde Afaber expresan “o agradecemento a Caixabank por esta donación e a colaboración ano tras ano, a cal lles permite seguir medrando e axudando a máis familias da contorna afectadas polas demencias”.
Con esta aportación Afaber poderá facer fronte ao mantemento do transporte adaptado que permite o acceso aos programas de estimulación físico-cognitiva a persoas afectadas polo alzhéimer e outras demencias.

Related posts

Revisión de accesos, elementos de seguridade e pasarelas para garantir un tránsito cómodo e seguro no litoral carballés

O voluntariado darase cita este domingo para levar a cabo unha limpeza de fondos no porto camariñá de Camelle

A Pleno na Laracha a aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas do Igrexario de Lestón