Dentro do convenio de colaboración entre o Concello de Carballo e a Fundación Manuel Facal, está previsto a organización dunha serie de actividades de Homenaxe polo 80º aniversario do artista Manuel Facal e que se desenvolverán ata fin de ano.
O novo acto celebrarase este xoves 19 de outubro ás 20:30 horas no Espazo Casino 1889. Tomará a palabra Miguel Anxo Fernán Vello, en nome da comisión organizadora, para dar a benvida ao público asistente e presentar aos invitados á mesa redonda, Correa Corredoira, Manuel Vilariño e Xosé Antón Castro e falar con Manuel Facal sobre as artes plásticas contemporáneas en Galicia.