Furia Joven e Oscarito lanzan o novo tema ‘Me muero por eso’

2 minutes read

A orquestra canaria Furia Joven celebra a súa recente incorporación a Gaias Eventos, unha das oficinas de representación máis importantes de España e coa que ten aberta a contratación para a súa Xira 2023 por Galicia, lanzando o merengue ‘Me muero por eso’, xunto a Oscarito (Óscar Serrano), un dos mellores intérpretes de merengue do Mundo.

Oscarito, Gañador do Grammy Americano ‘Best Merengue Álbum Lantino’ e nominado a numerosos premios de gran prestixio ao longo da súa carreira, fundador e ex cantante principal de Grupo Manía durante 23 anos, trae outro éxito ao cumprir sete anos en solitario, e faio convidando a participar á orquestra Furia Joven, como unha das mellores bandas de merengue de Europa.

No seu haber ten grandes éxitos como Marilú, Lola Sola, La Colorá ou a súa máis recente e de corte promocional Playa. Agora chega cun hit do seu tema ‘Un beso’ (o cal formou parte do álbum gañador do citado Grammy) e coa gran novidade do acompañamento musical da Orquestra Furia Joven e do seu cantante Josué Carreño.

Track.- Me muero por eso – Oscarito ft. Orquesta Furia Joven

O proxecto une sinerxías e estilos, dentro do merengue, de Porto Rico e as Illas Canarias, dando lugar a un tema moi movido, bailable e de estilo boricua. ‘Me muero por eso’ será unha das cancións que máis soen esta nova tempada 2023 a nivel nacional e internacional, da man de Oscarito (máis coñecido como ‘Que Loco!’) e da orquestra Furia Joven, que o fará, sen dúbida, triunfar en Canarias e na Península, singularmente en Galicia.

E se o traballo de Furia Joven é especialmente recoñecido en Canarias e Galicia, o de Oscarito mantense despois de tantos anos como unha icona da música en Porto Rico, xa que segue traballando a un gran nivel e levando a alegría ao público ao ritmo do merengue.