Fútbol | O Bergantiños Feminino conquistou a Copa da Costa


O campo de Fontenla de Santa Comba foi o escenario escollido pola Federación Galega de Fútbol para acoller este domingo a final da Copa da Costa feminina, que enfrontou ao Bergantiños e ao Noia ás 12 da mañá. O conxunto carballés foi moi superior ao barbancés, tal e como reflicte o resultado final ao concluír o encuento, 9-1, desta forma será o segundo trofeo deste torneo que recae en mans do equipo carballés das ‘Guerreiras’. O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, foi o encargado de entregarlle o trofeo de campioas, en presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.